Para o que remata o prazo de presentación de fotografías o 21 de setembro do 2012
O CONCELLO DE LOURENZA PRESENTA O “XVI CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA”
Como en edicións anteriores premiaránse dúas series, Temática Libre Lourenzá e Temática Libre
Lourenzá, 1 de Setembro do 2012.- O Alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, presentou na mañá de hoxe, xunto á Edil de Cultura Lupe Flórez o XVI Concurso fotográfico Festa da Faba, concurso que chega a Décimosexta edición convocándose paralelo a Festa da Faba de forma continuada durante os útlimos 16 anos.
Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 fotografías e un mínimo de 4 que deben ser inéditas, podendo ser estas en b/n ou cor cunhas medidas comprendidas entre un tamaño mínimo de 20 x25 cm e máximo de 30 x 40 cm debendo acreditar por escrito a propiedade intelectual das mesmas.
As obras poderán ser presentadas no CONCELLO DE LOURENZÁ, Praza do Conde Santo, s/n rematando o prazo de presentación o 21/09/2011.
Como en edicións anteriores premiaránse dúas series de fotografías:
Temática Libre Lourenzá – Categoría A: estará formada por unha serie de fotorgrafías donde todas elas deben ser representativas, recoñecibles, distintivas e identificativos do Concello de Lourenzá, o premio é de 500 €
Temática Libre – Categoría B: serie fotográfica baixo un mesmo tema pero sin restricción, o premio é de 200 €
As bases do mencionado concurso poden ser consultadas na páxina web do Concello de Lourenzá: www.concellodelourenza.es
A Concellería de Cultura de Lourenzá deu por finalizados dous meses de campamentos de verán (xullo e agosto), cunha festa na que os rapaces desfrutaron de doces e refrescos, e recibiron os diplomas que certificaban a súa participación nas actividades; así como as medallas e trofeos dos distintos campionatos que se realizaron neste perío estival (futbolín, dominó, tenis de mesa, cartas…).
A resposta dos máis novos nas diferentes actividades que se celebraron (obradoiros de reciclaxe, xogos populares e ximcanas, rutas de sendeirismo, actividades lúdicas de animación á lectura, xogos de mesa…), foi moi positiva; o cal nos anima a preparar novos proxectos para os próximos períodos vacacionais.