FERNANDO SUÁREZ AGRADECE O APOIO AMOSADO DESDE OS DIFERENTES GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN E DE MOITOS VECIÑOS ÁS DECISIÓNS ADOPTADAS POLO EQUIPO DE GOBERNO SOBRE OS HORARIOS DAS FESTAS PATRONAIS.
Ribadeo, 1 de setembro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradece o apoio amosado desde os diferentes grupos políticos da Corporación Municipal e de moitos veciños ás decisións adoptadas polo equipo de goberno sobre os horarios das festas patronais. E insiste na necesidade de conciliar o dereito dos veciños a dormir con ter unhas boas festas.
O rexedor sinalou que “como non podía ser doutra maneira, respetamos o labor da comisión de festas pero nosoutros, desde o goberno municipal, estamos para defender os intereses xerais de Ribadeo, do conxunto dos veciños, e temos que tentar conciliar os dereitos dos veciños a dormir, nalgúns casos, con que tamén teñamos unha boa festa”.
Fernando Suárez pensa que “calquera persoa pode entender que os horarios marcados son moi xenerosos: pensar que o día 7 é un horario pouco xeneroso ás seis da mañá, que o dia 8 é un horario pouco xeneroso ás cinco da mañá ou que incluso os días laborables, que non son os días grandes, tanto o mércores como o xoves, que teñan que cortar a música en torno ás tres e media pasadas, coa posibilidade que teñen de que os bares poidan seguir servindo copas durante un tempiño máis, creo que pensar que eso non é xeneroso creo que é vivir noutro mundo”.
O alcalde de Ribadeo agradece “a vontade de diálogo e a disposición ao acordo que percibimos nunha boa parte da comisión de festas e quero tamén agradecer, e teño que decilo, as mostras de apoio conxunto de forzas políticas da Corporación que, aínda que nalgúns casos temos fortes diverxencias noutras cuestión, nisto todos me transmitiron a súa unidade e o seu apoio a esta idea de concicliar un dereito con outro. E tamén debo aludir ás numerosas chamadas de apoio de veciños e veciñas do concello”. Suárez Barcia di estar seguro de que “é perfectamente viable desenvolver unhas magníficas festas con conciliar tamén a capacidade da xente que poida durmir, sobre todo nos días laborables”.
Fernando Suárez agrade e valora “o traballo de todas as persoas que fan posibles as festas aínda que desde logo o Concello non acepta chantaxes de ninguén. Debo decir que a lección que tiramos das festas do ano pasado, que foron moi boas, foron unhas conclusións que se falaron suficientemente con eles, como que na propia directiva da comisión de festas non podía haber persoas que participaran das puxas ou das subastas das propias barras dos bares das festas, algo que aconteceu o ano pasado e que desde logo ao goberno municipal non lle gustou en absoluto pola pouca transparencia que eso ofrecía. Quen di isto di tamén que o ano pasado se produciron algúns desfases nada agradables como que en días laborables puidera haber música prácticamente hasta que os galos cantaran. Polo tanto é a idea, e sempre foi, que esta comisión de festas 2012 tiña que atemperar no que ten que ver cos días laborables. Pero, con todo, as festas celebraranse con normalidade e serán un disfrute e un gozo para veciños e visitantes”.