A TARXETA DO COMERCIO DE FOZ OFRECE DESCONTOS PERMANENTES TODO O ANO SUPERIORES AO INCREMENTO DO IVA. UNHAS 3.000 PERSOAS XA CONTAN CON ELA.
Foz, 31 de agosto de 2012. A tarxeta do comercio de Foz ofrece descontos permanentes todo o ano superiores ao incremento que sofrirá o IVA a partires de mañá, 1 de setembro, segundo explica o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos focense, José Carlos Paleo.
Paleo subliña “a boa acollida que está a ter entre a nosa clientela a tarxeta de ACIA Foz O comecio fai pobo, compra na túa vila. O sector ofrécelle aos que contan con ela promocións e descontos durante todo o ano”. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembra que “a tarxeta do comercio é gratuita. Os interesados en tela o único que teñen que facer é dirixirse aos establecimientos asociados e solicitala cando vaian facer unha compra”. Preto de 3.000 persoas contan xa coa tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila. O obxectivo da posta en marcha desta iniciativa hai máis dun ano “é que xente de Foz e a xente da comarca compre no comercio tradicional da nosa vila e non marche cara as cidades. O que tentamos é plantexarlles ofertas, descontos, agasallos para animalos a facer as súas compras aquí”.
A Asociación de Comerciantes de Foz manterá o vindeiro martes, 4 de setembro, unha xuntanza para preparar a campaña de outono.