A MARIÑA .- O motoclub Os Centolos da Mariña celebrou o sábado o segundo aniversario da entidade con unha ruta mototuristica na que participaron 87 persoas. Remataron a xornada con unha cea de irmandade a que estaban convidados autoridades, patrocinadores e representantes das distintas empresas colaboradoras do motoclube.
Nota de Prensa
O Motoclube OS CENTOLOS DA MARIÑA ven de celebrar, o pasado sábado 21 de marzo, o seu segundo aniversario coa realización das seguintes actividades:
Ruta mototuristica, que partindo de San Cibrao ás 15:00 horas tomou rumbo á vila de AS PONTES, onde todo estaba disposto para tomar un pequeno refrixerio e, a continuación, seguir camiño cara a costa de Loiba para contemplar a fermosa paisaxe que se nos ofrece dende o acantilado do Picón.
Non foi ata as 20:00 horas, que a ruta rematou onde empezou, na vila de San Cibrao, onde os participantes, ó redor de 87 persoas en 65 motos, deron conta dunha pinchada gratuita que puxo fin a un día de ruta soleado e tranquilo, pero non ós festexos programados para ese día.
Pois como remate dos actos do aniversario, celebrouse unha cea de irmandade entre os socios á que asistiron 82 comensales, e á que foron convidados os diferentes patrocinadores, contando coa presencia do Excmo. Sr. Alacalde de Burela, D.Alfredo Llano e o concelleiro D.Pascual Domenech, amén de representantes das distintas empresas colaboradoras do Motoclube.