GONZÁLEZ BARCIA MANTIVO ESTE MEDIODÍA UN ENCONTRO NO CONCELLO CO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA. FALARON, ENTRE OUTRAS COUSAS, DO ACONDICIONAMENTO DO VIAL DE ACCESO AO MUELLE NORTE E DO DRAGADO NA ZONA DE ATRAQUE DE BARCOS, PRETO DA NAVE DE REDERAS.
Burela, 30 de agosto de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, mantivo este mediodía un encontro no Concello co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para abordar diversas actuacións de interés para a vila.
O rexedor indicou que “hoxe estivo aquí o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para visitar o Concello e ao mesmo tempo facer un repaso das actuacións que este ente está facendo aquí no porto de Burela. Hai unha actuación moi importante que é o acondicionamento de 600 metros de vial de acceso ao muelle norte, en concreto desde as proximidades do novo edificio de capitanía marítima ata xa prácticamente a propia confraria de pescadores, que ten un importe de 60.000 euros”.
E seguiu a relatar que “tamén nos informou dos estudios batimétricos que fixo a Xunta de Galicia para levar a cabo un dragado na zona de atraque dos barcos nas proximidade da nave das rederas e outros estudios que se están facendo para poder abordar actuacions xa de mais calado, nunca mellor dito falando en termos mariñeiros, por exemplo a reordenación da dársena interior do muelle de Burela”. González Barcia explicou que “como no fondo hai roca o dragado sería un pouco mais costoso, entón imos ver si estes problemas se van solventando e dentro de pouco podemos falar xa dunha estructuración nova das zonas de atraque para facilitar, por un lado, o atraque das lanchas pequenas, como as do cerco, e por outro lado das lanchas deportivas”.
Á xuntanza asistiron representantes de Absa, da confraría de pescadores, e da OPP de Lugo.