BARREIROS (FNC) .- O BNG de Barreiros convoca ás asociacións veciñais a unha xuntanza que terá lugar este venres para analizar os problemas que lles están a ocasionar as obras da A-8. O edil Xesús Díaz lembra que a súa formación “solicitou a creación dunha comisión de seguimento sobre as obras da A-8 en Barreiros en novembro de 2008 e penso que nos equivocamos, non pola idea que tiñamos nós de mirar as obras, de buscar solucións en contacto con veciños e coa alcaldía, pero a alcaldía non quería que se celebrara esta comisión e dende ese momento todo foi dar para atrás a dita comisión”.
Os nacionalistas engaden que “nesa primeira reunión quedou en que ía avisar aos veciños para que se puxesen en contacto con nós e nunca se puxo en contacto o alcalde con eses veciños. Quedouse en que se dirixiría ás empresas COMSA, OHL… nunca se dirixiu a elas nin a Fomento. Quedouse en que íamos facer reunións da propia comisión unha vez ao mes e dende aquela e estamos en marzo non houbo ningún outro encontro e as últimas declaracións do alcalde foron que él ía facer o que lle dera a gana e que os arranxos se farían como el vira, e que pasaba olimpicamente da comisión, en dúas palabras”.
Xesús Díaz sinala que “a nosoutros istos non nos parece de recibo nin nos parece ben, e si nosoutros nos equivocamos daquela foi porque debiamos ao mellor dirixirnos aos veciños porque si que nos están facendo chegar as súas queixas e os problemas que lles están a ocasionar estas obras… entón debímonos dirixir directamente aos veciños sen contar para nada coa alcaldía porque nos está a sabotear a comisión”.
O concelleiro do BNG en Barreiros manifesta que “desde o Bloque agora sí que fixemos esta segunda opción e enviamos a todas as asociacións de veciños das parroquias polas que discorre a autovía unha comunicación convocándoos a unha xuntanza que imos ter o vindeiro venres 27 de marzo ás nove da noite no local do Bloque en San Cosme. A intención é que entre eles mesmos e nosoutros poidamos tentar amañar os problemas que están quedando coas obras da autovía xa que o alcalde non llelos soluciona. Convocamos tamén a todos os veciños que se consideren implicados, a outras plataformas… porque desde a alcaldía están botando todo para atrás e o alcalde vai facer o que llea a gana”.