RIBADEO .- A delegación provincial de Industria comunicou ao alcalde de Ribadeo que o expediente que está a exposición actualmente é o da subestación e está pendente o do trazado. A aclaración de Industria obedece a unha información solicitada pro Fernando Súarez, e aclara que das actuacións polas que se interesara o alcalde, o expediente 36/2008AT estase a tramitar e o expediente 5/09AT aínda non saíu a exposición pública.
Fernando Suárez asegura que “non temos problema en dar a máxima información” e matiza que “non se está a obstruír nada desde o Concello, senón máis ben desde a propia Xunta. Tal e como queda patente neste escrito, e consultado coa Consellería de Innovación e Industria, o que está a exposición pública é a subestación, pero aínda non o trazado”.