BURELA .- O pasado sábado, Manuel Rivero estivo presentando o seu libro De Roncesvalles a Compostela en Burela. O autor estivo acompañado na mesa pola presidenta do Buril, Rosana Val e polo realizador burelao Matías Nicieza. A seguir houbo unha ronda de preguntas, estabelecéndose unha interesante conversa entre o público e o autor.
Entre os asistentes a presentación atopábase o ex-eurodeputado e socio de honra da AGAL Camilo Nogueira, a quen no fin do acto, Bernardo Penabade (ex-presidente da AGAL e socio do Buril) e Luzia Bouça (concelleira de Educación) fixéronlle entrega da documentación sobre o Modelo Burela, realizado por Matías Nicieza.