BURELA (FNC) .- Burela celebra mañá sábado o día da árbore con diversas actividades enfocadas aos nenos de 3 a 12 anos, segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A cita será ás 12:00 do mediodía no Parque Tíjola “onde plantaremos unha árbore e despois as monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia realizarán actividades didácticas cos nenos que asistan a esta celebración. Os rapaces van recibir material didáctico sobre o mundo da árbore”. Bouza anima aos nenos a participar neste día “tal e como fixeron noutras ocasións porque as actividades que imos desenvolver son de interese para todos eles”.
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Relacionado
-
O 24 de maio terá lugar a oitava edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo
-
O Centro de Día A Concordia de Ribadeo organiza este venres un acto baixo o lema: ‘Bloqueemos o Parkinson’
-
O BNG de Viveiro leva ao Pleno novas preguntas sobre a situación da Praza de Abastos, o Souto da Retorta e o contrato da Empresa de Servizos Enerxéticos