Os dias do 9 ao 27 celebrase o curso de “Iniciación a informática para menores”, neste curso os participantes entre 8 e 14 anos aprenderan o manexo básico dos ordenadores. Este curso impártese en dúas quendas os luns, mércores e venres, a primeira de 11 a 12 e a segunda de 12 a 13 horas. Entre os dias 10 ao 31 de xullo celebrase o curso de “Mecanografía”, este curso tamén esta adicado a menores de entre 12 e 18 anos no cal aprenderan unhas leccións de mecanografía principalmente a colocación das mans. O horario e os martes e xoves de 11 as 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Aula CeMIT de O Vicedo sito na rúa Cidade de Mondoñedo Nº 23 baixo, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 982590195, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.ovicedo@xunta
A aula da Rede CeMIT de O Vicedo celebra dous cursos de iniciación a informática para menores e un de mecanografía
A aula da Rede CeMIT de O Vicedo celebra dous cursos de iniciación a informática para menores e un de mecanografía
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro