O dirixente nacionalista arremetía con descualificacións persoais ante as críticas do PP tras denunciar que o BNG ten previsto celebrar a crise cunha festa baixo a premisa de “todo gratis”
Antón Veiga veuse obrigado a acudir ao insulto persoal para agochar a incapacidade de xustificar o que o BNG fai na Mariña
Balseiro sempre está disposto a aprender daqueles que teñen algo que ensinar menos do señor Veiga que tan só pode ser mestre de malos modais e malas formas.
A Mariña, 5 de xullo de 2012.- Jose Manuel Balseiro lamenta que o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e dirixente nacionalista comarcal Antón Veiga se vexa obrigado a acudir ao insulto é a descualificación persoal ante a incapacidade de xustificar con argumentos o que o BNG da Mariña está a facer nos últimos meses.
IMPROPIO DO VICEPRESIDENTE 1º DA DEPUTACIÓN
Hoxe mesmo Antón Veiga replicaba con insultos persoais impropios dun político e máis dun cargo público –nada máis e nada menos que o número dous da Deputación de Lugo- á denuncia efectuada no día de onte polo PP tras coñecerse que o BNG organizou unha festa para “celebrar a crise” baixo a premisa de “todo gratis”: comilona, xogos e espectáculos musicais.
DERIVA RADICAL
Balseiro lamenta a deriva radical que nos últimos meses caracteriza e á figura do propio Antón Veiga e alerta da gravidade da converter a política nunha sucesión de exabruptos de índole persoal, “na que non vamos a participar, nin entrar porque é impropia de partidos democráticos, de feito só se comportan así os batasunos”.
APRENDER DO QUE NON TEN QUE ENSINAR
Balseiro di ante as acusacións persoais recibidas que sempre está disposto a aprender daquelas persoas que teñen algo que ensinar, “menos do propio Antón Veiga que tan só pode ser mestre de malos modais e malas formas”.
E lembra que cando o propio Antón Veiga “nin estaba nesto da política, eu xa defendía e participaba na cultura, que nada ten que ver co que o BNG vai a facer hoxe e mañá en Viveiro”. De feito “se o BNG é quen ten que dicirnos que é e que non é cultura, sería unha cultura moi reducionista, dirixida só ao 10% da poboación que é a quen representan”