A DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA AS SUBVENCIÓNS PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Grazas a estas axudas 64 concellos da provincia poderán continuar prestando este servizo do que se beneficiarán preto de 3.000 personas
O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, asegura que “se a Xunta de Galiza mantén a súa postura de non financiar o SAF básico nos municipios con menos de 20.000 habitantes os concellos veranse obrigados a instaurar o copago”
Lugo, 29 de xuño de 2012. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar a concesión das axudas económicas aos concellos para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico, ao que a institución provincial dedica 600.000 euros, un 20% máis que no ano anterior.
O vicepresidente da Deputación e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, asegurou, en rolda de prensa, que “estas subvencións concedéronse en base a criterios obxectivos e nunha mesa técnica formada por representantes dos tres grupos políticos con presenza na institución provincial e por funcionarios, sen que na mesma nin na Xunta de Goberno de hoxe houbera discrepancia algunha sobre a súa asignación”.
Un total de 2.988 lucenses, de 64 concellos, beneficiaranse destas axudas, grazas ás que, segundo explicou Veiga, “os concellos poderán seguir prestando o Servizo de Axuda no Fogar básico despois de que a Xunta de Galiza aprobara o decreto de servizos sociais e comunitarios polo que se deixa de financiar dito servizo nos municipios con menos de 20.000 habitantes. As inversións mostran con claridade quen aposta polas políticas sociais e vela por garantir os dereitos da poboación do medio rural galego. A aportación económica da Xunta para a prestación do SAF básico é de cero euros, mentres que a aportación económica da Deputación de Lugo ascende a 600.000 euros, moito máis dos 454.000 euros que o executivo autonómico establecía no plan concertado de 2011”.
O vicepresidente do ente provincial insistiu en que “este ano, todos os concellos que solicitaron esta axuda, 20 máis que en 2011, reciben máis recursos económicos que o ano anterior, e os únicos que non perciben subvención son os que non a solicitaron. Manter o financiamento do SAF básico só desde esta institución é imposible, polo que seguimos reclamando á Xunta de Galiza que habilite liñas de axuda para os municipios de menos de 20.000 habitantes que na provincia son todos agás o de Lugo. Senón o fai, os concellos terán que recurrir ao copago e cargar sobre os usuarios o custe do servizo, profundizando aínda máis nas diferenzas sociais que hai entre a Galiza rural e a urbana”.
Veiga concluíu a súa intervención solicitando unha vez máis ao Goberno galego que rectifique e modifique o decreto de servizos sociais, que continúa na liña de recortes en materia de políticas de benestar iniciada en 2010, e demandando un maior compromiso coa provincia de Lugo. “A Xunta non pode seguir negándose a financiar os servizos sociais e comunitarios en 66 dos 67 concellos da provincia. Tanto en servizos sociais coma en educación, o executivo autonómico está a priorizar as inversións na vertente atlántica”.
—–
Listaxe de concellos beneficiarios da subvención en concorrencia competitiva para afrontar os
gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar en 2012 outorgada pola Área de
Benestar Social da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
CONCELLO
SUBVENCIÓN
Nº de destinatarios/as
Abadín
5.495,00 €
28
Alfoz
7.352,00 €
43
Antas de Ulla
6.339,00 €
43
Baleira
6.992,00 €
46
Baralla
7.101,00 €
50
Barreiros
8.235,00 €
36
Becerreá
6.127,00 €
36
Begonte
1.316,00 €
26
Bóveda
7.044,00 €
18
Burela
16.790,00 €
120
Carballedo
373,00 €
65
Castro de Rei
3.050,00 €
11
Castroverde
2.709,00 €
34
Cervantes
2.876,00 €
33
Cervo
4.737,00 €
40
Chantada
12.777,00 €
44
Corgo
5.475,00 €
48
Cospeito
3.728,00 €
14
Folgoso do Courel
4.437,00 €
22
Fonsagrada, A
24.836,00 €
110
Foz
6.618,00 €
50
Friol
2.623,00 €
35
Guitiriz
13.980,00 €
70
Guntín
1.529,00 €
18
Incio, O
5.943,00 €
18
Láncara
2.752,00 €
15
Lourenzá
5.618,00 €
40
Meira
7.383,00 €
30
Mondoñedo
16.183,00 €
55
Monforte de Lemos
52.345,00 €
150
Monterroso
4.417,00 €
37
Muras
6.720,00 €
24
Page 2
Navia de Suarna
8.774,00 €
27
Negueira de Muñiz
3.773,00 €
10
Nogais, As
1.224,00 €
50
Ourol
6.234,00 €
30
Outeiro de Rei
8.764,00 €
32
Palas de Rei
11.982,00 €
65
Pantón
11.462,00 €
56
Paradela
6.053,00 €
19
Páramo, O
1.190,00 €
12
Pastoriza, A
10.210,00 €
28
Pedrafita do Cebreiro
6.698,00 €
32
Pobra de Brollón
12.385,00 €
21
Pol
5.274,00 €
36
Portomarín
1.922,00 €
21
Quiroga
3.503,00 €
35
Rábade
3.414,00 €
22
Ribadeo
21.575,00 €
77
Ribas de Sil
2.555,00 €
13
Ribeira de Piquín
1.405,00 €
18
Riotorto
13.861,00 €
32
Samos
5.973,00 €
14
Sarria
6.814,00 €
22
Saviñao, O
16.053,00 €
109
Taboada
11.327,00 €
111
Trabada
3.787,00 €
22
Triacastela
4.356,00 €
17
Valadouro, O
7.918,00 €
46
Vicedo, O
8.485,00 €
44
Vilalba
44.710,00 €
134
Viveiro
40.457,00 €
150
Xermade
3.094,00 €
42
Xove
40.868,00 €
232
TOTAL
600.000,00 €
2988