O ALCALDE PUXO A DISPOSICIÓN DA XUNTA AS INFRAESTRUCTURAS DO CONCELLO PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTOS COMA O DESENVOLVIDO ESTA MAÑÁ EN LEMBRANZA DE CELSO EMILIO FERREIRO. GONZÁLEZ BARCIA DIXO QUE A PRAZA DO CONCELLO É PUNTO DE ENCONTRO DAS PERSOAS, DE AÍ A IMPORTANCIA DE QUE ACOLLAN ACTIVIDADES CULTURAIS.
Burela, 27 de xuño de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, participou esta mañá nos actos en lembranza do escritor Celso Emilio Ferreiro, que tiveron lugar na praza do Concello, organizados pola Secretaría Xeral de Cultura e o IES Perdouro.
O rexedor dixo que “é importante que actos coma éstes se celebren na praza do Concello. Os escritores, os poetas son xente do pobo, son xente coma nós que teñen unha preocupación intelectual e cultural e plasman os seus sentimentos a través das palabras, da poesía e dos seus textos”.
Para González Barcia “é bó que se fagan actos de divulgación dos nosos escritores na praza do Concello porque nun pobo a praza é un punto de encontro das persoas, por eso eu destaquei a importancia que sexa nalqueles puntos nos que o pobo se reúne para falar e intercambiar experiencias e emocións nos que se desenvolvan este tipo de actividades. Tamén é bó que nestes espazos se potencie a nosa lingua. Estes actos teñen que ser exemplos de dinamización e de esparcemento da nosa lingua e do coñecemento dos nosos escritores”.
O alcalde de Burela puxo a disposición da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, as infraestructuras que o propio Concello ten “para organizar actos semellantes aos de hoxe ou aqueles que estimen oportunos para incrementar a colaboración entre a Xunta e o Concello en materia cultural e no caso concreto de hoxe co IES Perdouro, aínda que pode ser con calqueroutro centro”.