CARTA ABERTA A OS PAIS/NAIS
Apreciados compañeiras/os:
Este curso xa rematou no que respeta o alumnado, os nosos fillos e fillas. Foi un curso moi problemático, as medidas impostas pola Xunta e polo Goberno Central foron e son demoledoras para o futuros dos nosos fillos e fillas. Estan atacando brutalmente a Escola Pública, estana atacando uns políticos que buscan a súa desaparición, con elo e cos ataques o resto dos pilares básicos do estado de benestar, buscan que os cidadans sexamos “clientes” e que os nosos dereitos se convirtan en “servicios de mercado” os que solo se podera optar segundo o nivel económico de cada un.
Dende esta Federación traballamos moito e seguiremos a facelo, para denunciar estes atropellos, defender os nosos dereitos como cidadans e evitar o desmantelamento da Escola Pública. Non é fácil pero estamos seguros de que seguiredes a apoiar estas reivindicacións. Estivemos en concentracións, asembleas, encerros, marchas…….. e seguiremolo a facer convencidos de que temos que defender algo básico: ESCOLA PUBLICA.
Somos conscientes de que o camiño que nos queda é moi longo, de que enfrente nos atopamos con “persoas” insensibles a unha realidade, que non dubidaran en seguir a sacar medidas para machacar mais a unha Comunidade Educativa que xa esta moi ferida. Por todo esto sentimonos agredidos e debemos seguir a pelexar todos xuntos como unha verdadeira COMUNIDADE EDUCATIVA.
Estaremos atentos durante todo o verán a novas medidas, xa sabedes que é a época que mais lles gusta para sacar ordes e instruccións, cando a Comunidade Educativa estea de vacacións. Que saibades que esta Federación non cerra por vacacións e que estaremos ahí para cando empeze o curso poder informarvos de todo e seguir a loita, so esperamos que VOS TAMEN ESTEADES AHÍ, dadevos conta que sodes os primeiros interesados en loitar contra estes RECORTES, esto afectavos directamente.
QUE PASEDES UN BO VERAN.
POR UNHA ESCOLA PUBLICA E DE CALIDADE