RUTA POLA COSTA ÁRTABRA (San Andrés de Teixido-Cedeira)
O próximo Domingo día 1 de Xullo, o grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, realizará a Ruta denominada de “Os Peiraos”, dende San Andrés de Teixido ata Cedeira (A Coruña). A ruta dunhos 16km. de percorrido, e de dificultade media/baixa e con una duración aproximada de 4 horas.
A inscrición na Piscina Municipal de Xove, ou no telefono 618 976159.
A cuota é: 9.-€ para Socios e Colaboradores e de 12.-€ para os non Socios. Para os Socios menores de 18 años e gratuita.
Tratase dunha das rutas costeiras máis atractivas que se poden realizar dentro da provincia de A Coruña, que discorre dentro do municipio de Cedeira por territorio protexido dentro da Rede Natura, na denominada “Costa Ártabra”. En dito itinerario teremos a ocasión de contemplar impresionantes paisaxes mariños, divisando entre outros, os acantilados mais altos de Europa que se encontran na Serra da Capelada.