BARREIROS .- Según indicou o alcalde Barreiros, Alfonso Fuente, os veciños de Vilamar e o concello de Barreiros presentarán alegacións ao anteproxecto da liña de alta tensión Boimente Pesoz o paso por Barreiros e explicou que “recibimos en Barreiros o anteproxecto desa liña de alta tensión o pasado venres, que é igual que o anterior xa que non hai cambios de trazado nin nada”.
Nota de Prensa
CONCELLO E VECIÑOS DE VILAMAR PRESENTARÁN ALEGACIÓNS CONXUNTAS AO ANTEPROXECTO DA LIÑA DE ALTA TENSIÓN BOIMENTE-PESOZ.
Barreiros, 4 de agosto de 2008. O Concello de Barreiros e a asociación de veciños de Vilamar presentarán alegacións conxuntas ao anteproxecto da liña de alta tensión Boimente-Pesoz, agora que o Ministerio de Industria ven de sacalo a exposición pública.
O rexedor, Alfonso Fuente, asegura que <xa esta mañá me puxen en contacto co voceiro socialista no Concello, Benito Longarela, que ademáis é membro da asociación de veciños para falar deste asunto. Hai que lembrar que xa se enviaron hai semanas alegacións a Rede Eléctrica Española asesoradas por un técnico que o Concello puxo a disposición dos veciños, pero a empresa non contestou. Incluso se recolleron firmas que se tramitaron desde o propio Concello para que esas alegacións fosen atendidas>. O alcalde di que <recibimos en Barreiros o anteproxecto desa liña de alta tensión o pasado venres, que é igual que o anterior xa que non hai cambios de trazado nin nada e agora imos traballar co concelleiro do PSOE para seguir minimizando o impacto que esa liña de 400 kilowatios pode ter no noso municipio. Somos conscientes de que é unha liña que ven imposta desde o estado, pero tanto o Concello coma os veciños algo teremos que dicir ao respecto>.
Pola súa banda o voceiro do PSOE en Barreiros e membro da asociación de veciños de Vilamar, Benito Longarela, entende que <hai unha serie de veciños afectados por esta liña. Hai vivendas que están a menos de 100 metros do trazado e eso non é correcto. Tamén entendemos que é complicado que se poida apartar moitos metros dese treito porque entrarían en conflicto outras edificacións coma unha gasoliñeira e uns invernadoiros que hai alí preto. O que imos pedir nestas alegacións que imos presentar xunto co Concello é que eses 600 metros da liña que atravesan Vilamar sexan soterrados>.
Longarela valora de xeito positivo <o realizado desde o Concello, ainda que lamentamos que non se presentase unha alegación hai un ano ao impacto ambiental que tería esta liña de alta tensión. O que agardamos agora é que a resposta desde Industria ás nosas alegacións sexa positiva. De todas formas desde a asociación de veciños de Vilamar estamos dispostos a movilizarnos si é necesario… si hai que convocar unha manifestación ou unha movilización ímolo facer>.