O Grupo Provincial Popular non entende a discrepancia existente entre o Goberno provincial e os seus homólogos nos concellos no tocante a Lei de Servizos Sociais
. Os populares pídenlle ao goberno da Deputación que explique si apoia estas decisións adoptadas polos seus homólogos nos municipios e que clarifique si os seus homólogos nos Concellos cumpren coa lei de servizos sociais
. Candia asegura que coa abstención de PSOE e BNG nos municipios queda moi claro que o único que lle importa a estes grupos políticos é unha guerra mediática e non os usuarios deste servizo
Lugo, 18 maio de 2012- A voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, pídelle ao goberno da Deputación que clarifique si os seus homólogos nos Concellos cumpren coa lei de servizos sociais.
Esta petición ven dada logo de que nos plenos municipais socialistas e nacionalistas se absteñan á hora de votar a moción sobre o servizo municipal de axuda no fogar.
Para Elena Candia, coa abstención de PSOE e BNG queda moi claro que o único que lle importa a estes grupos políticos é unha guerra mediática e non os usuarios deste servizo e lembra que ao final o goberno da Deputación veu a rectificar os que dende un primeiro momento afirmaba o PP.
Debido a estas abstencións, Elena Candia pídelle ao ente provincial que sente as bases e que explique esas discrepancias.