XIXº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA
Mañá sábado 19 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XIXº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deportes e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:00 horas coa presencia de 8 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba, Rábade e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, a E.X. Casino Club Náutico de Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta, cunhas 190 ximnastas.
O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “O Bosque Sagrado de Lugo” a cargo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e o C. Violeta. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita
Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, e outras autoridades.