BURELA .- (FNC) A Delegación de Turismo do Concello de Burela e a Dirección Xeral de Turismo da Xunta apoian a presenza da burelesa Sofía Prieto Lestao na Final do IV Campionato Nacional de Baristas do Fórum que se vai desputar este vindeiro sábado día 28 de febreiro en Barcelona.
Sofía Prieto Lestao resultou gañadora do 1º premio do I Campionato de Baristas da Rexión Noroeste da SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) que se celebrou a principios deste mes en Foz e que lle deu acceso á final que terá lugar en Barcelona.
O/a gañador/a desta Final de Barcelona será o/a representante español/a no campionato mundial que se celebrará en Atlanta (EEUU) o vindeiro mes de abril.