Nota de prensa
O sábado día 24 de marzo, ás 20,30 h. e na Casa da Cultura do Concello de Foz, farase a entrega do premio do concurso realizado co gallo do Día da Muller Traballadora, premio outorgado a Adrián Suárez, persoa que escribíu o comentario máis interesante entre todos os recibidos no perfil de Facebook do Concello con refreixóns sobre do papel da muller no mundo laboral.
O acto foi organizado pola Delegación da Muller que dirixe Mercedes González Alonso.
Así mesmo, tamén se proxectará a película de “FOZegos por amor” de Paco Piñeiro, baseada nunha historia real recollida por Xesús Basanta Martínez (Xesús do Breogán), no seu libro “Foz: historias, contos e lendas”, que relata como unha parella de namorados se intentan suicidar por amor.
O motivo deste segundo pase é debido á moita xente que o pasado día 3 non cabian no local.
No acto de “FOZegos por amor” farán os comentarios Xesús do Breogán e Chus Álvarez (bibliotecaria).