Nota de prensa
Próximo roteiro ADEGA Lugo pola Galiza Máxica: Santo Estevo do Ermo (Barreiros)
ROTEIRO POR SANTO ESTEVO DO ERMO NA PROCURA DAS AUGAS CURATIVAS E DO TESOURO
DE MAELOC
Lugo, a 21 de marzo de 2012.- O vindeiro domingo, 25 de marzo, ADEGA Lugo
realiza outro roteiro no marco dos roteiros 2011-2012 dedicados á Galiza
Máxica. Desta volta, iremos ao concello de Barreiros, cuxos montes de
litoral agochan varias lendas de personaxes lexendarias (bispo Maeloc ou o
Apóstolo Santiago) e de ritos máxicos en fontes, capelas ou fervenzas. A
ruta será duns 13 quilómetros e de dificultade medio-baixa.
roteiro partirá das fermosas praias de Barreiros de Remior e Anguieira, e
tras bordear a Ría de Foz, chegaremos a chamada Lagoa dos parrulos. Alí
colleremos camiño das Eiras (lugar de San Cosme de Barreiros) polas que se
sube até chegar á capela de Santo Estevo do Ermo. Logo de xantar, partiremos
cara ao monte de Penabor, desde onde poderemos contemplar toda a franxa
costeira de Barreiros e Foz, a uns 350 metros de altura. Polo camiño
acompañaranos o misticismo, ademais das variadas lendas do lugar.
Atoparémonos con fontes milagreiras, coa pegada do cabalo do Apóstolo
Santiago e cunha paisaxe de fervenzas e montes, nos que o bispo Maeloc
perdeu un diamante azul.
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h
(pola hora nova).
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de
tod@s
———–
ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA.
UN PAÍS DE LENDAS.
ADEGA
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Augas santas e o tesouro de Maeloc…
Roteiro por Santo Estevo do Ermo
Barreiros (Lugo)
13 quilómetros de dificultade medio-baixa
DOMINGO, 25 de MARZO de 2012
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás
9.00
h (pola hora nova).
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO
22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
+INFO:
20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
www.adega.info
17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)
roteirosadegalugo.blogaliza.org
Xeral……………………………………………………………………………….. 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………………………………………..12 €
Soci@s…………………………………………………………………………….. 10 €
Ata 17 anos………………………………………………………………………… 5 €
A ruta partirá das fermosas praias de Barreiros de
Remior e Anguieira, e tras bordear a Ría de Foz,
chegaremos a chamada Lagoa dos parrulos. Alí
colleremos camiño das Eiras (lugar de San Cosme de
Barreiros) polas que se sube até chegar á capela de
Santo Estevo do Ermo. Logo de xantar, partiremos cara
ao monte de Penabor, desde onde poderemos contemplar
toda a franxa costeira de Barreiros e Foz, a uns 350
metros de altura. Polo camiño acompañaranos o
misticismo, ademais das variadas lendas do lugar.
Atoparémonos con fontes milagreiras, coa pegada do
cabalo do Apóstolo Santiago e cunha paisaxe de
fervenzas e montes, nos que o bispo Maeloc perdeu un
diamante azul.
ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA.
UN PAÍS DE LENDAS.
ADEGA
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Santo Estevo do Ermo
A capela de Santo Estevo do Ermo, coñecida antigamente co nome de Santo Estevo das Augas Santas, está no concello de Barreiros (Lugo), nas proximidades do lugar das Eiras. Rodeada de bosque autóctono, nunha paraxe paradisíaca, esta ermida xa aparece citada nun documento do s. XII. O edificio foi reformado por última vez en 1992, hai romaxe o luns de Pascua e conta con dúas fontes con augas curativas, unha fervenza e a marca dunha ferradura do cabalo de Santiago.
As dúas fontes están máis arriba da capela, entre os penedos. A chamada de Santo Estevo, de augas ferruxinosas, moi boa para tratar a anemia, corre pouco pero mantense así ao longo do ano. Debe beberse entre 11 e 15 días seguidos, sempre en número impar. O outro manancial, coñecido como Fonte de Santa Rosa, é, en realidade, unha poza entre as rochas e está indicada para as “rosas” e outras enfermidades da pel. O doente debe mollar un pano nesta auga e lavar con el a parte danada; logo ten que atar o pano ás pólas das árbores e deixalo; cando seque, secará tamén o mal. A estas fontes, na procura de remedios para os seus males, acudían doentes da contorna e de lugares afastados. A cristianización ten que ser moi antiga.
O cabalo de Santiago Como sucede noutros moitos lugares de Galiza, especialmente naqueles onde abundan os petróglifos, tamén aquí, entre as fontes, pode verse na pena a pegada que deixou unha ferradura do cabalo do apóstolo Santiago cando fuxía da persecución dos mouros; dos mouros míticos, xa ora. O cabalo, co chimpo, enorme, chegou a o outro lado do monte.
Santo Estevo
Santo Estevo, considerado o primeiro mártir cristián, foi lapidado en Xerusalén na presenza dun aínda novo, e daquela descrido, Saulo, logo máis coñecido como San Pablo. Nalgúns textos apócrifos, Estevo é presentado como mozo de cabalos de Herodes; un dos cabalos sofre unha parálise pero Xesús Cristo cúrao maxicamente.
O tesouro de Maeloc O bispo Maeloc (Mahiloc, Mailoc, Mayloc) chegou ás costas do norte de Galicia ao fronte das xentes bretonas que fuxían da persecución anglosaxona aló polos séculos V-VI d. C. Maeloc e os seus mesmo fundaron unha sé bispal na actual Bretoña, concello da Pastoriza (Lugo).
Cóntase que no monte Cornería, o cume máis alto desta zona da Mariña lucense, localizado en Celeiro de Mariñaos, concello de Barreiros (Lugo) ten que estar soterrado a moitos metros de profundidade un baúl de ouro macizo que contén un diamante azul que fora propiedade de Maeloc. Quen acade este fabuloso tesouro, ademais do valor inmenso do que atopa, gozará de poderes case ilimitad