Nota de prensa
O Grupo Provincial Popular de Lugo agradecelle ao Presidente da Xunta o seu compromiso coas infraestructuras lucenses
Lugo, 14 de marzo de 2012.- A voceira popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, agradeceulle ao madantario do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, o seu compromiso coas infraestructuras da provincia de Lugo.
Logo de que Núñez Feijóo manifestase no Debate sobre o Estado da Autonomía que a Xunta mantén intacta a súa reivindicación de que a alta velocidade galega e as autovías pendentes (a do Cantábrico e a que une Lugo e Santiago) non poden aguantar máis retrasos, Candia mostra a satisfacción polo compromiso do Presidente do goberno galego neste eido.
Elena Candia ratificouse nos argumentos que manifestou no pleno provincial do pasado 31 de xaneiro, onde o grupo popular xa mostraba a clara confianza de que o goberno galego levaría a cabo estas funcións (os traballos na Autovía Lugo-Santiago e a que axilizase as obras nos tramos pendentes da A-8)
Candia manifesta que ten que ser agora o novo executivo o que faga fronte a paralización destas infraestructuras, unha parálise que ben dada da mala xestión do anterior goberno. A voceira dos populares lamenta que o ex principal responsable das infraestructuras de España, non fora quen, xa non de rematar, senón sequera de deixar en obras a totalidade do itinerario de alta capacidade entre Lugo e a capital de Galicia.
A voceira dos populares manifesta a súa satisfacción polo compromiso do Presidente Galego quen, segundo Candia, actúa coa verdade por diante e co seu compromiso de levar a cabo infraestructuras imprescindibles para a provincia de Lugo, algo que o anterior goberno deixou totalmente apartadas.