Nota de prensa
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
O PSdeG DE RIBADEO PÍDELLE A CONCELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE QUE SOLICITE A SOGAMA A AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO NO RURAL
Declaracións da Secretaria de Organización da Executiva Mari Toni Loureiro
Recentemente saíron a luz dúas novas que debemos mencionar por estar ligadas dalgún xeito; por un lado, o Concelleiro de Medio Ambiente facía público o gasto da Delegación de Medioambiente ao tempo que realizaba unha desagregación de todo o lixo recollido ao longo do 2011 e pedía aos veciños e veciñas unha recollida selectiva axeitada por responsabilidade medioambiental co fin de evitarlle gastos innecesarios ao Concello e apelaba a un bó uso do sistema tanto por parte dos veciños como dos que dirixen a Concellería e, por outro lado, facíase público que SOGAMA, a través dunha asociación de veciños do Concello, acaba de implantar un programa de compostaxe doméstico que permitirá obter un abono natural con alto poder fertilizante e unha menor producción de refugallos, pechando o ciclo de recuperación e reciclaxe da materia orgánica en orixe, o que evitará o seu depósito nos contenedores convencionais e un considerable aforro de enerxía e recursos naturais.
Van camín de tres anos que ista Concellería implantaba un programa de autocompostaxe coa participación de vinte vivendas e divulgaba o éxito acadado, pero non seguiu na senda do fomento e maximización da implicación da poboación neste programa.
Tamén facendo uso da responsabilidade medioambiental, varias explotacións agrogandeiras manifestaron estar interesadas en desfacerse das rodas e neumáticos vellos sobrantes da súa actividade, e por mor da crise que estamos a sofrir, vense incapaces de facerlle frente o custe que isto supón.
Isto evidencia o compromiso medioambiental e a elevada concienciación social en reducir residuos, e posto que lle compete á Concellería de Medio Ambiente, dende o PSdeG de Ribadeo pedímoslle que faga extensivo o progama de compostaxe doméstica a toda a zona rural, mediante a oportuna solicitude a SOGAMA, así como que se involucre de maneira activa na procura dunha solución aos cemiterios de rodas e neúmaticos que afean a zona rural.