Nota de prensa
Begoña Alonso participou nunha xornada formativa sobre medio ambiente
-A concelleira cervense visitou o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda e coñeceu o seu funcionamento
-A xornada incluía información sobre como mellorar a xestión dos residuos domésticos.
Cervo, 14 de febreiro de 2012-A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, acudiu nestes días a unha charla formativa promovida pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama). Unha xornada na que a concelleira puido coñecer de primeira man o funcionamento do complexo medioambiental de Cerceda, visitando as instalacións e os distintos circuítos de tratamento e reciclaxe de residuos.
Ademais, a xornada incluía formación sobre a mellora na xestión do lixo e a redución de residuos, “muy útil para poder mejorar en este ámbito, en el que las administraciones tienen su papel y los ciudadanos también deben hacer su aportación, por ejemplo, tratando de disminuir el volumen de basura que generan o separando residuos”, explica Alonso. De feito, Sogama porá a disposición do Concello material didáctico e divulgativo de apoio para animar aos veciños a facer un uso responsable dos recursos.