NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO – Sábado, 11 de febreiro de 2012)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (11 FEBREIRO 2012 ) 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 215 | 12 |
SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 199 | 10 |
TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 195 | 8 |
CUARTO | OMAR MACÍAS CABRERA | 195 | 7 |
QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 178 | 6 |
SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 175 | 5 |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 175 | 4 | |
OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 168 | 3 |
NOVENO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 154 | 2 |
DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 153 | 1 |
MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 88 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 89 | 6 |
SEGUNDO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 76 | 4 |
TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 74 | 3 |
CUARTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 52 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 27 | 1 |
MELLOR BOLADA | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 49 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 54 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 51 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 42 | 3 |
CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 40 | 2 |
QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 21 | 1 |
MELLOR BOLADA | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 37 | 1 |
Liga Senior Masculina.- Na pelexa polos postos de cabeza, cun Arturo Vigo líder prácticamente inalcanzable con 105 puntos, gran Vitoria de Francisco Pérez, o cal lle permite afianzarse na segunda posición con 81 puntos, cunha xa ampla renda de 13 puntos sobre José Rafael González, terceiro con 68 puntos. Por detrais, a espera que fallen os de cabeza, Sócrates Campo con 62 puntos e Omar Cabrera con 58. Xa máis alonxados, pero inda con posibilidades de acceder á terceira praza -xa que a primeira e a segunda son cáseque imposibles- temos un grupo de xogadores orredor dos cincuenta puntos e no que están César Cancelos, Marcelino Rodríguez, Ginés Rodríguez, Jose Vigo e Luis Rancaño.
Liga Senior Feminina.- Sorpresa nesta categoría na que Concepción Piñeiro, cuarta clasificada, consigueu a súa primeira Vitoria. Das tres primeiro clasificadas, Carmen Roca só puido ser cuarta e Belén Meitín quinta. Así e todo, Carmen Roca consolida o seu liderato con 59 puntos, seguida por Belén con 52 e Dolores Baño con 48.
Liga Sub 16.- A terceira vitoria consecutiva de Salomé Cardoso prácticamente liquida o campionato, xa que a falla de catro tiradas, con 28 puntos máximo por disputar cada xogador, Salomé con 72 puntos sácalle 20 puntos aos seus inmediatos perseguidores, Daniel López e Isaias Cardoso, émbolos dous con 52 puntos. Polo tanto, de aquí ao final, a Salomé chégalle con manter a distancia, podendo permitirse incluso varios fallos para poder gañar o seu segundo torneo consecutivo. Daniel e Isaias terán que pelexarse entre eles para ver quen queda segundo.
Esta semana non teremos tirada, xa que se suspende pola celebración do antroido.
Polo tanto, a vindeira tirada terémola o SÁBADO 25 DE FEBREIRO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES.