Nota de prensa
A EMPRESA CONCESIONARIA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO PROCEDE ESTES DÍAS AO LAVADO DOS CONTEDORES. A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PIDE COLABORACIÓN CIDADÁ E ASEGURA QUE “NON É MÁIS LIMPO QUEN MÁIS LIMPA, SENÓN QUEN MENOS ENSUCIA”.
Burela, 8 de febreiro de 2012. Celtaprix, a empresa concesionaria do servicio de recollida de lixo, está procedendo nestes días ao lavado dos contedores, un traballo que se realiza periódicamente cada dous ou tres meses.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, indicou que “deste xeito, téntase evitar a acumulación de residuos nos contedores e tamén os cheiros derivados dos mesmos”.
López Eijo apela unha vez máis ao compromiso dos cidadáns e á súa colaboración, “a recollida de lixo é cousa de todos, e todos temos que preocuparnos de levar a cabo do xeito máis correcto posible a separación dos distintos residuos e a súa correspondente ubicación nos respectivos contedores”. A edil popular advirte de que “estamos atopando moitos residuos impropios nos contedores de recollida selectiva que deberían estar noutros recipientes, e estamos tendo problemas coa recollida de enseres, o papel e o cartón”.
A concelleira tirou dunha frase concluinte, “non é máis limpo quen máis limpa, senón quen menos ensucia”, e engadiu que “todos pagaremos máis se hai persoas que non colaboran na recollida de lixo”.