Nota de prensa
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz que celebrou hoxe, día 5 de Xaneiro no entorno do Castelo Pardo de Cela, a cabalgata de Reis. O acto deu inicio as 16.30 horas cun recorrido en carrozas por tódalas parroquias do concello de Alfoz co fin de saudar e repartir caramelos ós nenos que con gran ilusión saían das súas casas para velos.O paseo das súas maxestades os Reis Magos rematou coa chegada ó Castelo, onde foron recibidos por unha gran cantidade de persoas, entre elas o alcalde Emilio Lousas que lles dirixiu unhas palabras.
Ó final da cita e despois de escoitar as peticións dos nenos, ofreceuse chocolate con biscoitos gratuítos a tódolos asistentes.