Nota de prensa:
OS NACIONALISTAS LÉBRANLLE QUE FOI UNHA EMENDA NACIONALISTA A QUE FORZOU A EXECUCIÓN DO GALPÓN DE ABRIGO NO PORTO DE SAN CIBRAO NESTE ANO.
Pregúntanse si nesa inauguración aproveitaron para explicar o voto negativo do PP a unha emenda aos orzamentos 2012 que pedía a redacción do proxecto para o porto deportivo de San Cibrao.
Cervo, 30 de decembro de 2011. O BNG cuestionou a mobilización de cargos da Xunta para inaugurar no porto de San Cibrao unha obra que non chega aos 40.000 euros que confunde un galpón para resgardo de embarcacións cunha mariña seca. Os nacionalistas pregúntanse si Balseiro aproveitou para explicar aos membros da directiva do Club Náutico o seu voto negativo a unha emenda presentada polo BNG aos orzamentos da Xunta que trataba de poñer prazos e financiamento ao compromiso existente co mesmo club para a execución dun porto deportivo na localidade.
Emenda do BNG a unha iniciativa que non contaba con prazos de execución.
O portavoz municipal do BNG, Xoán Antón Estúa, lembrou que na Comisión de pesca do parlamento celebrada o 4 de novembro onde se debatía unha iniciativa para a execución dunha zona de abrigo en seco no porto de San Cibrao so había unha iniciativa sen prazos de execución e que foi unha emenda do BNG a que lle puxo datas de execución. Negan que os nacionalistas cuestionaran a existencia de orzamentos, o fixemos foi aseguran o investimento dentro deste ano e tamén poñer riba da mesa os incumprimentos dos compromisos da Xunta sobre o porto deportivo.
Xa existían compromisos de Portos de Galiza para executar esta obra dende o ano 2010.
Estúa lémbralle a Balseiro que sobre esta obra xa existía un compromiso co Club Náutico dende o ano 2010, cun proxecto redactado e gardado nun caixón que o anterior presidente de Portos, o Sr. Campanha, deixara sen asinar.
Onde están os fondos para o porto deportivo comprometido para o que non existe nin sequera un proxecto redactado.
Os nacionalistas pregúntanse si o esforzo de cargos institucionais para inaugurar esta obra serviu tamén para explicar os retrasos na redacción e execución do porto deportivo en San Cibrao que o Sr. Balseiro databa como inicio o en 2012. Estúa cualifica de brinde ao sol os compromisos do Sr. Campanha e Balseiro sobre o porto deportivo, O Sr. Balseiro por un lado promete e por outro nega o financiamento votando en contra das emendas presentadas para a redacción dun proxecto que de momento non existe.