Nota de prensa
MAÑÁ COMEZARÁN A TRABALLAR EN BURELA AS OITO PERSOAS CONTRATADAS POLO CONCELLO GRAZAS A UNHA SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 77.000 EUROS QUE LLE FOI CONCEDIDA POLA XUNTA. A DURACIÓN DOS CONTRATOS SERÁ DE 6 MESES.
Burela, 29 de decembro de 2011. O Concello de Burela vén de contratar a oito persoas grazas a unha subvención concedida pola Xunta de Galicia.
O concelleiro de Emprego burelés, José Casas Martínez, indicou que “esta aportación da Xunta, a través da Consellería de Traballo e Benestar, ascende a un total de 77.266 euros, e cubre a totalidade dos custos sociais e salariais destes novos traballadores”.
Casas Martínez afirmou que “estas persoas farán traballos de xardinería, albanelería, administración e turismo. Os contratos terán unha duración de seis meses e comezarán a traballar mañá venres, 30 de decembro”.
Hai uns días que o Concello de Burela anunciaba tamén a contratación dun axente de emprego durante un ano. Neste caso o goberno galego aportará o 80% do custo do salario desa persoa.