NOTA DE PRENSA.-
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN
“XOVE CON MOITA ARTE II”
Hoxe, mércores 21 de decembro, ás 19:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico, vai ter lugar a inauguración da IIª edición da Exposición XOVE CON MOITA ARTE. Na mesma imos contar co Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e tódolos/as artistas que participan.
Esta exposición, organizada por primeira vez o pasado ano polo Nadal, pretende ser un refrexo da creatividade artística do noso pobo, xa que nela teñen cabida tódolas persoas con inquedanzas no mundo da arte.
Dende a Concellería de Cultura realizouse unha convocatoria á que acudiron 16 artistas, tres máis ca primeira edición, a tódolos cales se lles propuso expor parte da súa obra.
Ao tratase de tantos artistas, a exposición é moi variada, con traballos de todo tipo, inda que prima a pintura, en especial os óleos.
Os/as artistas participantes son:
-Henar Diéguez (2 debuxos a lapis e 2 pinturas sobre tela).
-Josefa Bermúdez ( 3óleos).
-Amadora Casabella (3 óleos).
-Enrique Toral (3 óleos).
-Yésica Cociña (3 series de debuxo con rotulador sobre papel).
-Mónica Ouro (1 óleo).
-Andrea Castro (2 gravados, 1 pequena escultura-instalación e 1 obra de técnica mixta).
-Mª Pilar Corgos (3 óleos).
-Manuel Fernández (3 óleos).
-Remedios Míguez (1 debuxo a lapis e 3 debuxos a plumilla sobre papel).
-Francisco González (3 óleos).
-Xoan Manuel Guerreiro (1 óleo).
-Antonio Mendaña (3 óleos).
-Mª Luisa Ocampo (2 obras de cestería con gravado e 2 con bolsas de plástico recicladas).
-Lucía Ben (3 obras de pintura con area de cores).
-Rodrigo Baño (2 mesas esculturas).
A exposición vaise abrir ao público mañá, xoves 22 de decembro ás 18:00 horas, e vai estar aberta diariamente ata o domingo 8 de xaneiro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. A entrada á mesma hai que facela pola Cafetería Centro Cívico, que se atopa na planta baixa da sala de exposicións.
Esta actividade está inscrita dentro do ampolo Programa de Actividades que o Concello de Xove, neste caso a través da Concellería de Cultura, organizou para este Nadal 2011-2012.