¿ SERÁ QUEN DE DIRIXIR UN PAÍS?
O 20-N, é unha das datas chamada a ser protagonista da historia de España, aínda que por diferentes motivos,dependendo do que optemos por sublimar.A vitoria electoral poderá ter matices e precisións, pero non admite discusións en canto a que foi unha decisión do pobo. Ninguén discute a lexitimidade, aínda que é certo que o posterior xuízo da historia demostra que hai veces que non se opta pola mais sabia. Por iso, como un sinxelo cidadán pregúntame se o gañador será quen de dirixir un país,despois dunha década como cabeza do PP, de ser cuestionado polos seus, perdendo dúas eleccións e sobre todo levando un estilo de oposición cuxo único fin foi a destrución do opoñente, a súa consideración como inimigo e non como simple adversario.
Ao contemplar a situación na que nos encontramos , creo que se botan de menos lideratos a todos os niveis, desde o local até o nacional e mesmo, o europeo. É certo que dadas as tremendas dificultades que afrontamos , a formulación de alternativas resulta altamente dificultosa e, ás veces, todo un reto. Quizais mais que nunca é preciso o concurso da cidadanía para que responda ás chamadas e aos obxectivos. E neste aspecto é onde a primeiro plano a figura dun líder. Pódese ter a maioría absoluta, tanto ten que sexa un concello que o propio Estado, pero non se está por iso á altura das circunstancias. E o que se fai é recorrer á propaganda.
Por outra banda, están os grandes moderadores de masas que poñen ou quitan segundo as circunstancias, por iso hai casos onde o dirixente atopase cun mandato non apropiado para o seu manexo de recursos. É certo que as correntes o marcan todo pero aí xa intervimos nos, estamos obrigados coma cidadáns non so a protestar, se non a crear tendencias novas para cambiares un rumbo negativo ou simplemente darlle unha mudanza.
Jorge Diaz Freije