A asociación de veciños de Valcarría ( Viveiro ) celebrou no serán do pasado domingo día 11 de novembro unha actividade cultural na que os veciños e veciñas puideron disfrutar da música e das historias ao redor da música a cargo do polífacético Xurxo Souto. Unha xornada na que o maior protagonista, xunto con medio centenar de veciñas e veciños , foi o acordeón, instrumento que Xurxo Souto fixo soar para rendir así unha homenaxe e lembrar nesta xornada as grandes orquestas locais , como non poderia ser doutro xeito estando en Valcarria a Orquestra Capitol , aos Satélites, os Tamara… ou ao cantante , mito da música galega, Pucho Boedo, entonando versos de Curros Enriquez e Rosalia aos que Pucho lles puxo música.
A asociación de veciños de Valcarría en Viveiro trouxo a Xurxo Souto para animar unha xornada
A asociación de veciños de Valcarría en Viveiro trouxo a Xurxo Souto para animar unha xornada
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro