NOTA DE PRENSA
O PP afirma que durante Xaneiro un burelés foi ó paro cada día.
O paro en Burela xa lle afecta a 514 persoas.
O sector servicios é o mais castigado cun aumento de 22 parados.
O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que o paro en Burela aumentou no mes de Xaneiro un 6,2% con respecto a Decembro, pasando de 484 parados a 514, o que significa un incremento de trinta persoas, a razón de un parado máis cada dia.
O paro incrementouse en todos os sectores, agás nos demandantes de primeiro emprego. O sector mais castigado foi o sector servicios, que aumentou en vintedúas persoas, pasando de 249 a 271 parados.
Os populares consideran que o peor ainda está por vir, e que xa hai famílias en Burela na que ningún membro da súa família está traballando, o que supón a aparición dun fenómeno descoñecido hasta o momento na nosa vila.
Polo tanto, os populares consideran que o Concello tén que arbitrar medidas urxentes para paliar na medida das súas posibilidades estas situacións dramáticas e non se está a tomar ningunha. Non hai ningún tipo de previsión, o que demostra que alguns están mui contentos cobrando corenta e cinco mil euros mentres outras persas están pasando por muitisimas dificultades.