O domingo gris do 20-N deixou tras de si unha vitoria rotunda do PP sobre o PSOE nas eleccións xerais. Amos ambos do bipartidismo alternativo, que defenden e do que se alimentan. Agora ti, agora eu.
Chama a atención a aparición e crecemento de formacións políticas minoritarias, algunhas con apenas medios, e que de seguro nin lle soan, pero oiremos falar delas, e de algunhas moito. GBAI, FAC, COMPROMÍS-Q, CC-NC-PNC, BNG, ESQUERRA, EAJ-PNV, UPyD, AMAIUR, IU-LV, CiU forman parte do novo arco parlamentario.
Cos pes na terra, nada vou comentar do BNG que mantén dous representantes na capital do reino, con case 30 mil votos menos que no ano 2008. Mentres outros medran, e moito, aquí seguen os mesmos fundido o barco, sen saber como.
Xosé Rego