Nota de prensa
SOBRE O PRÉSTAMO ICO DO CONCELLO DE RIBADEO
Como xa é costume neste Goberno Municipal do BNG unha vez máis atopamos nos medios de comunicación unhas declaracións do Alcalde de Ribadeo que non se axustan á realidade, neste caso sobre o Préstamo que vai suscribir o Concello de Ribadeo por importe de uns 339.000 Euros acolléndose á liña ICO.
Esta liña de crédito é unha medida excepcional do Goberno de España diseñada para que os gobernos municipais poidan “sacar as facturas do caixón”, é decir, acometer pagos por suministros, servizos, etc que nin siquera estaban recoñecidas e moito menos aboadas. A filosofía desta medida (según nos conta o Goberno do Estado) é reducir o gravoso peso que a débeda dos concellos tén sobre as pequenas empresas locais. Por suposto, ó Partido Popular parécenos unha medida moi necesaria e que, de ser utilizada como se debe, pode axudar ós nosos empresarios e autónomos a cobrar facturas que xa daban por perdidas do concello e aliviar así un pouquiño o afogamento ó que os tén sometido a situación económica do país.
Pero esta declaración de intencións é tan só literatura que adorna o papel pois a realidade do que está a suceder nos concellos (como xa pasou con outro absurdo intento do PSOE como foi o Plan E) é ben diferente. Sirva como exemplo a relación de facturas que se abonarán no concello de Ribadeo: ¿moitas pequenas empresas?: duas empresas levan case 200.000 Euros; ¿empresas locais?: ninguna destas duas empresas son do noso concello; ¿as débedas máis atrasadas?: case 200.000 Euros son de 2.008,…
E para colmo de males, o Sr. Alcalde, na súa liña de botar a culpa de todo ós demáis, asegura nos medios que se pagaron “débedas de gobernos anteriores” e MINTEN.
O sr, Suárez Barcia tén a costume de esquecerse de que formou parte dun goberno municipal en coalición co PSOE de 2.003 a 2.007 pero a realidade das cousas é que leva no goberno do Concello 8 anos. As débedas que se saldan con este crédito anteriores a que entrara o BNG e o Sr. Suárez no concello, é decir, anteriores a Xullo de 2.003 suponen un importe de 26.870.88 Euros fronte a 312.129 Euros que son froito do seu goberno. E facendo unha análise máis profunda das facturas podemos ademáis afirmar que un tanto por cento altísimo das facturas de 2.003 a 2.007 proceden das delegacións de cultura, muller, xuventude, obras e deportes, todas elas áreas que asumía o BNG no goberno bipartito destes anos.
Polo tanto, desde o Grupo Municipal do Partido Popular reprochámoslle unha vez máis ó Alcalde de Ribadeo que utilice o diñeiro que chega ó concello (neste caso en forma de préstamo) para solucionar os problemas da súa mala xestión e incompetencia, para pagar as súas débedas e arranxar os problemas xudiciais que os seus impagos lle ocasionan. E tamén, unha vez máis dá unha versión enganosa dos feitos ós veciños botando a culpa a quen en absoluto a tén.