Nota de prensa
“Nós apostamos por una pesca sostible e con futuro, pola defensa dos intereses dos nosos pescadores”, asegurou García Díez
• O cabeza de lista dos populares ó Congreso participou hoxe en Cervo nun mitin no que estivo acompañado por Beatriz Mato
Cervo, a 12 de novembro de 2011.- O Partido Popular está “firmemente” comprometido cos pescadores lucense. Así o asegurou o cabeza de lista dos populares á Congreso durante un mitin celebrado en Cervo, no que Joaquín García Díez compartiu esceario co rexidor local Alfonso Villares e con Beatriz Mato.
“Nós apostamos por una pesca sostible e con futuro e estamos convencidos de que o sector pesqueiro lucense está chamado a ser un motor de desenvolvemento económico da nosa provincia; a ser un referente e a recuperar a primacía que nunca debeu perder se os seus intereses foran defendidos como debían e merecen no ámbito da Unión Europea”, asegurou García Díez.
Segundo recalcou, o Partido Popular, “de acadar a maioría suficiente para gobernar tras o 20-N”, actualizará a normativa para adaptar a nova Política Pesqueira Común e ós seus criterios de xestión e ordenación, de tal xeito que permita resolver de xeito “eficaz, riguroso e permanente” a regularización da flota. Tamén se incorporarán ó ordenamento xurídico medidas encamiñadas a disuadir a pesca ilegal e promoverán a colaboración internacional para loitar contra a piratería, a través da mellor coordinación dos medios e das accións a desenvolver, “para evitar que se repitan situacións angustiosas como as vividas recentemente”.
Neste contexto de “recuperar a influencia que o noso sector pesqueiro nunca debeu perder”, Joaquín García incidiu na importancia da apertura do dique norte de Alcoa ó tráfico de mercadurías. “Nós estamos dende sempre comprometidos con esta vella reivindicación e aí están as iniciativas que defendemos con este obxectivo. Outros dicen apoiar esta aspiración, pero, como en tantas outras cousas, nada fixeron, aínda que tiveron a oportunidade para facelo”, recalcou