Nota de prensa
IX FESTA DO BERBERECHO DO CONCELLO DE FOZ
Un ano máis, o Concello de Foz a través da Concellería de Pesca e Consumo, está a organizar a IX Festa do Berberecho, que este ano traerá algunha novidade como resposta á situación económica actual.
Nese senso, a organización vai facer o posible para que esta Festa se autofinancie na súa totalidade e non se acade o deficit dos últimos anos.
– Supresión da comida institucional e actos protocolarios
– Promoción dos grupos de animación locais
– Colaboración coa ACIA e hostalaría local
Será os días 21 e 22 de xaneiro no Peirao de Foz. Unha maneira de desestacionalizar a afluencia de visitantes, e dar a coñecer o noso pobo a través dunha festa gastronómica consolidada. Para iso estamos a preparar un programa que esperemos sexa do agrado de todos os veciños e visitantes.