REFERENCIA
As compras en Burela teñen premio
A Federación Galega de Comercio e o Concello de Burela presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio” desenrólase en Burela dende o 17 de outubro ata o día 28.
A Iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros. O sorteo final será o 28 de outubro na praza da Mariña