Nota de prensa
CEN DÍAS DE GOBERNO MUNICIPAL EN BURELA
Para nós, e nun exercizo de respeto democrático pola norma non escrita pero adoptada por todos, foi todo un exemplo de educación dado á sociedade, detalle que outros terán que aprender no seu momento, agardar antes de entrar a valorar a labor do actual goberno municipal do PP que acadou a maioría absoluta o pasado 22 de maio, por só sete votos de diferencia. Respeto por outra parte feito a pesar das numerosas declaracións vertidas con falsedade e actuacións con sesgo autoritario e chulesco do goberno entrante.
Cando xa consumiron tres meses do seu mandato e como primeira conclusión, é que seguen asentados na política de facer oposición e aínda non colleron a responsabilidade de dedicarse a gobernar, cousa por outra parte entendemos como normal, xa que estiveron moi entretidos en desfacer o que poidera recordar ao anterior goberno, e andiveron sorteando as vacacións, nas que temos sospeita de que disfrutaron máis días dos debidos alternando con negocios particulares algún membro con dedicación exclusiva, asunto que será dado a coñecer á poboación, con máis detalles, por este grupo político.
Burela é un referente social, cultural e económico na Mariña. Na última lexislatura o crecemento de servizos, infraestruturas, políticas sociais, comercio e poboación foi unha constante (novas instalacións para o abastecemento da auga, aumento do peirao comercial, nave de redes, medidas de aforro enerxético, eliminación de barreiras arquitectónicas, edificio da Capitanía Marítima, integración social, formación, sanidade e melloras na EDAR son exemplos claros de esta afirmación). É unha obriga de todos seguir traballando con intelixencia, rigor e xestión para consolidar unha Burela con futuro.
Pero o actual goberno nestes tres meses non fixo absolutamente nada para dar confianza ós veciños de Burela. Non se avanzou no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), paralizáronse, e seguirán paralizadas as obras do acceso ó porto, non se fixo ningunha xestión para a limpeza dos lodos no encoro de Rúa (xa se está notando no abastecemento de auga a Cervo-Burela), a gardería municipal segue sen ter as prazas suficientes, non se acadaron prazas concertadas para o Centro de Día, non se tomou ningunha medida para garantir, con todos os servizos e dotacións, o futuro do hospital, por non recordar tamén as absurdas declaracións en xullo de 2010 do sr. Glez. Barcia sobre a reforma dos teitos das Casas Baratas e das vivendas sociais da rúa O Rio, que a día de hoxe, seguen como están.
Están enquistados nos presupostos de ano 2011 e seguen a disimular a súa incapacidade culpando ao anterior goberno de todos os males económicos do concello. Os informes están para ver e o equipo de goberno sempre fixo uns presupostos baseados na responsabilidade e de acordo coa normativa que esixe equilibrio presupostario, co resumo final de que todos os exercicios económicos se pecharon con remanente positivo. O señor Barcia, que segue instalado na súa inercia de facer oposición a base de mentir e largar falsas testemuñas para desacreditar ó que ten enfronte, sí que sabe moi ben o que son inflar presupostos e deixar en saldo negativo partidas presupostarias á metade de ano.
Que amosen signos de esperanza, de traballo, de capacidade e de interés. De momento dan a entender que facer política consiste en culpar a outros, en desacreditar, cando deben saber que os méritos gáñanse facendo labor positiva. Actualmente o pobo é testemuña de moitas obras ( sinalización en rúas, melloras de instalacións deportivas, obras de xardinería, asfaltados, reforma da praza da igrexa, eliminación do tapón urbanístico na rúa Fontela, modernización de cableado e iluminación, canalizacións, etc) que quedaron comprometidas polo anterior goberno coa Deputación. Son obras que, entendemos, son beneficiosas para o conxunto da poboación e teñen un presuposto de un millón de euros e abarcan dezaoito proxectos. Esta foi a herdanza que deixamos. Eles, por si mesmos, non fixeron nada de nada. Bueno, algo sí, levoulles tres meses o recambio dun semáforo, co cal nos preguntamos si lle van facer inauguración oficial ante semellante obra que abarcou tanto tempo de execución.
Tamén preocupa a maneira que teñen de levar os asuntos administrativos. Chama a atención (e xa preguntaremos no próximo pleno) como desprezan as ordes de convocatoria para elaborar as bases de contratación do persoal, como quedou demostrado na praza de orientador/a laboral, onde o sr. Barcia foi consciente do seu incumprimento e retou, de maneira chulesca, a quen quixera impugnalas.
Burela merece máis atención e competencia. Estamos en tempos difíciles e ofrecemos a nosa disposición para axudar en todo aquelo que se nos demande pero tamén esiximos que asuman a responsabilidade de gobernar de maneira eficaz e sempre merecendo o soldo que cobran, que non é pouco. Máis moito nos tememos que o resto do mandato será unha proxección destes tres primeiros meses, pero cunha gran diferencia: rematadas obras comprometidas por nós, será unha lexislatura plana e insulsa en canto a inversións, e chegaremos ao 2015 coa coletilla de que todo, absolutamente todo, será culpa do anterior goberno. Ou da nosa imaxinación?