Nota de prensa
O BNG pon en dubida a veracidade das explicacións que o alcalde da sobre o enterramento dun cabalo nun regato onde se capta auga para a traída municipal
Nota sobre as explicacións que deu o alcalde en referencia o enterramento dun cabalo na zoa de captación da traida municipal.
Dende o BNG poñemos en duda a veracidade das explicacións que o alcalde da sobre o enterramento dun cabalo nun regato donde se capta auga para a traida municipal.
Adxuntamos fotos donde se pode ver a terra movida no lugar onde foi enterrado o animal, vese claramente que foi mesmo no rego, feito innegable,”eu mesmo visitei o lugar e vin como corría a auga por riba do cabalo cara o regato”
Non resulta nada crible nin real a explicación dada polo alcalde, xa que o cabalo foi enterrado o sabado 26-8 e foi desenterrado o viernes seguinte dia 2-9, e dicir 7 dias despois de habelo enterrado, non cabe máis que pensar que dende o concello minten, xa que unha vez se avisa ó servizo para retirar os animais mortos rara vez tarda máis de 2 días en acudir a retiralos.
Un feito tamén que axuda a por en duda a versión do concello e que precisamente se retirou xustamente ó día seguinte de ser visitado o lugar polos concelleiros do BNG para denunciar a situación.
En todos os casos o animal enterrouse mesmo enriba da captación,para mostra diso están as fotos, ” feitos que mostran unha nedlixencia gravísima por parte da alcaldía”
Dende o BNG instamos de novo a alcaldía a que realicen uns analises de auga para comprobar que a auga que estamos a beber os veciños de Alfoz está en bo estado.
Igualmente esixismoslle ó concello que en casos similares se avise a Seprona e se identifique o animal, xa que según moitos veciños que escoitaron os disparos, o animal foi avatido a tiros, e logo o concello enterrouno de forma totalmente sospeitosa e poñendo en risco a saude dos veciños.