Nota de prensa
“O Bng esíxelle ó alcalde que solucione o problema que existe coas pontes”
O Bng de Alfoz presentou unha moción para que se ancheen as pontes de Santa Mariña, Bao e Centoi.
Coas obras de concentración parcelaria que se están realizando no concello ancheáronse numerosas pistas e estradas xa existenes no mesmo pero mantendo as antigas pontes que na actualidade son moito máis estreitas que as vías nas que se ubican e non se adaptan para nada as mesmas.
Esa realidade crea situacións contínuas de peligro na circulación polas estradas nos puntos nos que se ubican as pontes debido a que son estradas de doble sentido nas que se reduce o paso o encontrarse coas pontes polas que so pode pasar un vehículo, e nin están sinalizada a preferencia de paso nin o estreitamento das vías con que os vehículos se atopan de forma inesperada co correspondente perigo para a súa seguridade.
“É lamentable que dende o concello nos se denuncie a actual situación e se reclame a Xunta de Galicia que adapte a anchura das pontes a das estradas na que se atopan.”
Dende o BNG esiximos ó equipo de goberno, que solucionen o problema que están a sufrir os veciños do mesmo con cargo os presupostos do organismo que consideren ou os do mesmo concello, e se ancheen e adapten as pontes ubicadas nas pistas e estradas melloradas coa concentración parcelaria a situación actual das vías, de igual modo que as novas que se realizaron xa adaptadas o ancho das novas estradas.
“Con estes feitos o PP de Alfoz amosa unha vez máis a pasividade que mostran ante feitos tan prexudicais para os veciños do concello”