BARREIROS .- No pleno que celebrará o luns a corporación municipal de Barreiros os populares presentaran unha moción pedindo que a deputación limpe os viais de titularidade provincial e, na mesma sesión, solicitaran que a deputación retire unha sinal de un vial.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, subliñou que “si a Deputación quere que a provincia e a costa de Lugo sexan un referente no turismo ten que atender estas necesidades. Nós pedimos que se realicen de xeito inmediato”
Nota de Prensa
O GRUPO MUNICIPAL DO PP RECLAMARÁLLE Á DEPUTACIÓN NO PLENO DO VINDEIRO LUNS QUE DESBROCE DE XEITO URXENTE AS ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL.
Barreiros, 22 de xullo de 2008. Os populares presentarán unha moción para o seu debate e aprobación no pleno do vindeiro luns coa que instarán á Deputación a Lugo a que realice os traballos de limpeza dos viais de titularidade provincial. O rexedor, Alfonso Fuente, lembra que <estas estradas non se limpan nin se desbrozan. Hai tempo que nos interesamos na Deputación pola forma na que se ían realizar eses traballos porque non había ningún concurso nin ningunha empresa que se presentase para realizar esas tarefas. Dixémoslles incluso que eses traballos os podíamos facer nós e que despois nos reintegrasen os gastos correspondentes e de momento non obtivemos resposta, pero eso non é o máis grave, o peor é que xa se produciron perigos de atropelo na estrada que baixa á praia das Pasadas>. O alcalde de Barreiros explica que <a xente camiña por eses viais que non están desbrozados e teñen que meterse ao medio da carretera e cando se cruzan dous coches hai risco de atropelo. O mesmo pasa nos cruces tanto cos peóns coma cos vehículos>. Fuente Parga considera que <si a Deputación quere que a provincia e a costa de Lugo sexan un referente no turismo ten que atender estas necesidades. Nós pedimos que se realicen de xeito inmediato eses traballos de desbroce e limpeza. A min satisfaríame que o luns cando levemos a pleno esta moción esas tarefas xa estivesen realizadas, pero como sabemos que non será así, pois por eso pedimos que se fagan de xeito urxente>.
Praia das Catedrais
Na mesma sesión plenaria os populares pediránlle á Deputación que retire a sinal de dirección que prohíbe acceder á praia das Catedrais, a través de Reinante. Alfonso Fuente entende que <si se quere fomentar o turismo non pode ser que, un Concello de costa con 8 bandeiras azuis como é o de Barreiros para acceder a unha das praias máis emblemáticas e visitadas da zona que está no Concello de Ribadeo a 200 metros da costa barreirense, se obrigue aos turistas a facer máis de 4 kilómetros para chegar a esa praia>. O alcalde de Barreiros di que lle esixirán á Deputación que retire esa sinal e que tome as medidas oportunas para regular a circulación na praia das Catedraias, porque o que non se pode é impedir acceder a ese lugar. Incluso aquí o propio Concello de Ribadeo tería moito que dicir porque todos os turistas que hai na zona de Barreiros se achegarían á praia das Catedrais sen tantas complicacións>.