RIBADEO .- A asociación Puente de los Santos contará con 744 mil euros para desenrolar o taller de emprego Ría do Encontro III no que se formaran 36 alumnos 36 os alumnos que realizarán traballos forestais, de albanelería, de pintura e de axuda a domicilio en Ribadeo e Castropol.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, sinalou que “é un diñeiro moi importante para participar na formación de persoas desempregadas, un total de 36 a repartir entre Castropol e Ribadeo” e engadiu que o resultado “dese froito de traballo reverterá na mellora desas infraestruturas públicas”.
Nota de Prensa
A ASOCIACIÓN PUENTE DE LOS SANTOS RECIBE 744.000 EUROS PARA O TALLER DE EMPREGO RÍA DO ENCONTRO III.
Ribadeo, 22 de xullo de 2008. A Asociación Puente de los Santos recibe do Ministerio de Traballo unha partida de 744.798 euros para o taller de emprego Ría do encontro III, que botará a andar o 1 de outubro deste ano e rematará o 30 de setembro de 2009. Serán 36 os alumnos que realizarán traballos forestais, de albanelería, de pintura e de axuda a domicilio.
Este taller prevé a rehabilitación da Escola de Frieira Nova en Ove; a rehabilitación dos lavadeiros de Couxela, Vilaframil, Rinlo e rúa dos Fornos; a rehabilitación de fontes na Devesa, Covelas, Arante, Vilaosende e Vilaselán; o pintado das vellas escolas de Rinlo, Couxela, Vilaselán e Arante; o pintado do interior da Casa Consistorial e da Casa da Cultura de Ribadeo e a prestación de servizos de axuda a domicilio na residencia da terceira idade Hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro e no centro de día A Concordia.
Namentras en Castropol os traballos que realizarán os alumnos deste taller de emprego serán a construcción dun local social en Añides e Obanza; a rehabilitación do lavadeiro de Presno; a rehabilitación das fontes de Vilavedelle e Belmonte; o pintado das escolas de Figueras, San Juan, Tol, Seares e La Paloma; labores selvícolas en fincas de San Marcos e Sabugo; o acondicionamento da área recreativa do monte Pousadoiro e tamén traballos de axuda a domicilio.
O alcalde de Ribadeo tilda de boa nova esta subvención e asegura que <é un diñeiro moi importante para participar na formación de persoas desempregadas, un total de 36 a repartir entre Castropol e Ribadeo>. Fernando Suárez engade que <o resultado dese froito de traballo revertirá na mellora desas infraestructuras públicas. É unha boa noticia, ese traballo conxunto entre Ribadeo e Castropol a través da Asociación Puente de los Santos creada hai anos e que serve coma instrumento canalizador de subvencións coma ésta que presentamos hoxe>.