¿POR QUE?
Ocórrenseme unha serie de preguntas as que non lles encontro resposta. A continuación fago unhas cantas:
* ¿Por que José Blanco non militarizou os xogadores de fútbol como fixo cos controladores aéreos? Cando falaba dos Controladores aéreos dicía que eran uns traballadores demasiado ben pagados. Acaso cobran mais que Mesi, Cristiano, Xavi, Casillas, etc…..
* ¿Por que todas as medidas que toma o goberno para saír da crise vai en detrimento dos traballadores? Os traballadores vamos traballar mais anos, xubilarnos mais tarde, ter a ameaza dun posible despido mais barato, conxelar ou baixarnos o salario, etc. Mentres os bancos e os mais ricos van saír da crise sen enterarse. De unha crise que por suposto os traballadores non somos responsables.
* ¿Por que o goberno cando quere reducir gastos so se lles ocorre reducir salarios dos traballadores, reducir gastos sociais, recortar en educación e en sanidade? Que pouca imaxinación. Por que non reducir nos seus privilexios, en gastos de armamento, en número de cargos públicos sen o mais mínimo interese, etc.
* ¿Por que temos que contribuír cos nosos cartos a destruír un pais, por exemplo Libia, e tamén cos nosos cartos temos que contribuír a reconstruílo? Que pasa, que non temos os españois cousas mais interesantes en que gastar os cartos
* ¿Por que a redución no prezo dos pisos recentemente aprobada se fai cos cartos de todos. A redución de IVA e reducir os ingresos que son de todos os españois. Por que non se fai a redución cos cartos dos bancos ou cos beneficios dos que venden os pisos?
* ¿Por que se quere modificar a Constitución para incorporar un teito de gasto publico? Si regulamos todo non necesitamos os políticos, sería suficiente con un bo equipo económico que aplicará as leis. Pero iso non e así. Necesitamos os políticos para facer política: Regular os desaxustes sociais, loitar contra o paro, precariedade laboral, buscar solucións a marxinación social e a todos aqueles problemas que atañen a nosa sociedade. Non e de recibo que toda a política se reduza a un tema económico.
* ¿Por que un traballador ten que pagar o prezo real no trasporte urbano de Madrid e sufrir as colar que se xenerou durante as xornadas da JMJ recentemente celebradas en Madrid, e os participantes nas JMJ tiveron descontos ata do oitenta por cento?. Non e España un pais aconfesional. Que fácil e facer desconto se subvencións cos cartos de todos.
* ¿Por que se conceden subvencións as empresas sen un compromiso de manter a actividade e os postos de traballo, e si non o cumpren teñan que devolver o importe da subvención recibida?
Teño moitas mais preguntas, pero por hoxe podedes ir pensando nestas. En outra entrega haberá mais.
O Fareiro de Foz