Nota de prensa
O VENRES HABERÁ PLENO EXTRAORDINARIO EN BARREIROS. A SESIÓN FOI SOLICITADA HAI DÍAS POLO BNG PARA ANALIZAR O PASO DO GASODUTO POLO CONCELLO.
Barreiros, 17 de agosto de 2011. O Concello de Barreiros acollerá o vindeiro venres, 19 de agosto, ás 10 da mañá un pleno extraordinario para falar do gasoduto, tal e como solicitou hai uns días o BNG.
Os nacionalistas están a informar aos afectados por este proxecto da celebración desta sesión plenaria para que poidan acudir. Desde o BNG lembran que “nós queriamos este pleno para que o Concello presente as alegacións que considere oportunas e para que adopte como súas as presentadas polos particulares”.
Os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros mantiveron hai uns días unha xuntanza informativa cos afectados polo gasoduto á que acudiron unhas 80 persoas. O obxectivo que tivo ese encontro “foi advertirlles que onte remataba o prazo de presentación de alegacións para os particulares e para denunciar a actitude do alcalde e do grupo de goberno con este asunto” e engaden que “o Concello é o que ten de prazo ata principios de setembro para presentar as alegacións que estime oportunas”.