NOTA DE PRENSA DA COMISIÓM FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública reuniuse co portavoz do B.N.G. de Foz.
O pasado sábado día 13 de agosto, os membros da Comisión reuníronse co portavoz do B. N. G. Na Corporación Municipal, Xan Carlos González Basanta, na que foi a primeira xuntanza dunha rolda de entrevistas solicitadas pola Comisión cos portavoces dos partidos con representación no Concello de Foz.
Basanta expresou o apoio do B. N. G. local á demanda das urxencias 24 horas no Centro de Saúde de Foz e a todas ás mobilizacións que convoque a Comisión con ese obxetivo, desde as concentracións dos primeiros sábados de mes na Avenida da Mariña ata calquera outra medida reivindicativa plantexada pola Comisión.
Expresou tamén Basanta a preocupación do B. N. G. Polos recortes que se están dando na sanidade pública en Foz, que teñen o seu último episodio na supresión do servizo nocturno da ambulancia do 061 que ten a súa base en Foz a partir do próximo mes de setembro. A Comisión estudará este tema na súa próxima reunión.
Finalmente, a Comisión espera que os outros partidos políticos con representación no Concello atendan a solicitude de entrevista que lles foi presentadas a todos eles o 23 do pasado mes de xullo, para concretar a súa dispoñibilidade de apoio á loita polas urxencias.