Inauguración da exposición de fotografía “Xove 360º – Photoxove 4.0”
“Xove 360º – Photoxove 4.0”
As súas maxestades encheron de ilusión este domingo aos pícaros.
O conselleiro do Mar asistiu ao partido entre CD Burela FS e Noia Portus Apostoli.
Máis dun centenar de persoas acudiron ao acto que presentou o Alcade, Francisco Javier Vinjoy Valea; e o presidente do club de vela, Javier Gallego. O peche púxoo Cidre Fernández, xenealoxista do rexistro diocesano de Mondoñedo. Nesta ligazón pódese ver a obra que ten unha duración de vinte minutos www.youtube.com/watch?v=6ZSspfl_5yQ&feature=youtu.be
A cita é a primeira do ciclo de bailes mensuais que o Concello de Vilalba desenvolverá ao longo do ano e estará amenizada polo Dúo Estrellas.
Este venres as crianzas comeron roscón de reis e desfrutaron de Pintacaras.
Os Magos de Oriente levaron a ilusión ás usuarias e usuarios destas instalacións, entregáronlles caramelos e charlaron con eles. Será xa na noite do 5 ao 6 de xaneiro cando os Reis Magos retornen para deixar nalgún lugar da residencia o agasallo do Concello de Ribadeo: un collarín, que poderán empregar para os seus desprazamentos en coche ou para ver a televisión comodamente no sofá. Tamén reciben este presente as persoas usuarias do centro de día e do SAF e as residentes en La Villa Hogar e en Mirador del Eo. Xunto a Melchor, Gaspar e Baltasar estivo a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
A asociación Camiña adquiriu un ordenador de mesa grazas a subvención concendida pola Fundación ONCE, que apoia proxectos destinados a creación, remodelación e expansión de centros que promoven a atención e a mellora da calidade de vida de persoas con diversidade funcional. Este novo material será utilizado para traballar cos rapaces e rapazas que acoden ao centro e así achegarse un pouquiño mais ás novas tecnoloxías, cada vez mais importantes na nosa vida diaria.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital