COMUNICADO DE PRENSA
PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
O Grupo Municipal Socialista ven de presentar dúas mocións
no concello para debatelas no vindeiro pleno ordinario a celebrar o
Venres 2 de Setembro.
Na primeira pedimos o apoio dos membros da corporación
para instar a Xunta de Galicia a unificar os dous centros de ensino
ubicados no Val. Para paralizar desta maneira a perda constante de
docentes en ambos centros, a sangría permanente da poboación
nos dous concellos con leva inevitablemente un descenso dos
alumnos nos dous centros e xa a dia de hoxe como solución a
Consellería de Educación suprime mestres o que obriga a que
varios cursos se impartan por un so profesor con a correspondinte
perda de calidade no ensino dos nosos fillos, a unificación dos
centros parécenos a única solución a corto prazo e xa que a E.S.O.
se imparte no centro ubicado en Alfoz, propoñemos que o novo
centro unificado sexa o actual C.E.I.P. Santa María de Ferreira.
A segunda moción e para instar a Consellería de Sanidade a
que implante o servizo de pediatría no noso Concello a igual que
esta a facer en moitos concellos da comarca, ante o indudable
interese e transcendencia das mesmas esperamos contar con o
apoio do resto da corporación municipal.