Nota de prensa:
MÉNDEZ LAMENTA TER QUE ENTERARSE POLA PRENSA DOS ACTOS DO SEU CONCELLO POR FALTA DE COMUNICADOS DE VILLARES
-A socialista subliñou que “cando o Concello organiza un evento, sería de persoas cordiais comunicar os actos a tódolos membros da corporación, sexan ou non do seu partido”
-Engadiu que “xa non é a primeira vez que Villares actúa así, a falta de respeto institucional é total e absoluta”
CERVO, 10 DE AGOSTO. A portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, lamenta que o alcalde, Alfonso Villares, non comunique en tempo e forma ós demais grupos políticos que forman a corporación os actos que se organizan no Concello. Subliña que “non é a primeira nin a segunda vez que o señor alcalde actúa desta maneira. Nestes últimos días, publicáronse en prensa dous actos dos que os membros do grupo socialista non tiñamos constancia ninguna. A entrega de premios dos campionatos de tute e parchis, que organiza o Concello, e a mostra de catro artistas nas Carpinterías de Ribeira ó longo deste mes, instalación dependente do municipio”.
Lara Méndez subliñou “o desprezo que mostra o señor Villares ó resto dos políticos cervenses. Creo que non fai falla recordar que a corporación está formada por tres partidos políticos e non por un só. Cando é o Concello o que organiza calquera evento, sería de persoas cordiais comunicar os actos a tódolos membros da corporación sexan ou non do seu partido. Pero parece ser que a cordialidade se lle olvida moitas veces”.
A socialista aclarou que “xa non me refiro a recibir unha invitación para acudir ós actos, que estaríamos no noso dereito como representantes dos veciños e membros da corporación que somos, tan só pedimos coñecer de primeira man os eventos do noso municipio. É lamentable saber que o resto dos grupos políticos nos temos que enterar dos acontecementos, entregas de premios, exposicións do noso propio Concello a través da prensa e non grazas a comunicados do equipo de goberno”.
Méndez engadiu que “non se equivoque o señor alcalde, a quen están ninguneando é ós veciños e veciñas de Cervo, xa que todos os membros da corporación os representamos. A falta de respeto institucional é total e absoluta, e o máximo responsable disto é o alcalde, Alfonso Villares”.