Nota de prensa:
O CONCELLO HABILITARÁ UNHA OFICINA NO NOVO CENTRO SOCIAL DE CABARCOS PARA ASESORAR A AQUELES VECIÑOS QUE QUEIRAN REHABILITAR OS EDIFICIOS E VIVENDAS QUE SE ATOPAN NO CAMIÑO NORTE.
Barreiros, 10 de agosto de 2011. O Concello habilitará unha oficina no novo centro social de Cabarcos para asesorar a aqueles veciños que queiran acceder ás axudas para rehabilitar os edificios e vivendas que se atopan no camiño de Santiago, no Camiño Norte.
O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “as parroquias afectadas polo paso do Camiño Norte son Cabarcos, San Xusto, Vilamartín Grande e Vilamartín Pequeno. Todos os interesados en coñecer de qué tipo de axudas dispoñen así como iniciar os trámites para acceder a elas poderán dirixirse desde a vindeira semana de luns a xoves ao propio Concello de Barreiros e os venres, desde o 19 de agosto, un técnico municipal desprazarase ao novo centro social de Cabarcos para atender aos veciños alí”.
A data límite para a presentación das alegacións é o 1 de decembro de 2011.
Fuente Parga subliñou que “o queremos desde o Concello é facilitarlles as cousas o máximo posible aos nosos veciños”.